A pintura clásica e moderna de Victor Piñeiro

A pintura clásica e moderna de Victor Piñeiro

31 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pintor orixinario de Fene, Victor Piñeiro Pena, inaugura mañá mércores no Carvalho Calero de Ferrol unha exposición de pintura. Victor, con 74 anos, coñecido como o fillo de “Pepucha a dos retales” colga 70 cadros con paisaxes e bodegóns, por un lado, e unha pintura moito máis persoal, máis abstracta e moderna, por outro.

Víctor Piñeiro pinta dende sempre anque a sua actividade profesional non lle deixaba tempo para facelo. Agora, xubilado, dedícase por enteiro aos seus cadros ea experimentar novos temas. CORTE PIÑEIRO XUBILADO 31 01
A pintura non é a única afección de Victor Piñeiro ,tamén escribe poemas, un feixe deles falan de Perlío e, de momento só podemos velos no seu facebook.

Quen asista ao acto de inauguración, o mércores 1 de febreiro ás 20.00 horas, poderán entrar no sorteo dun cadro a elexir entre os que están na mostra, que permanecerá no Centro Cultural do Inferniñlo durante todo o mes de febreiro, ata o dia 29.

Sociedade