Pinturas do Camiño inglés en Fene

Pinturas do Camiño inglés en Fene

16 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene acolle dende esta mañá a exposición “Camiño de Santiago da Pintura”, do pintor  zamorano, Francisco Pérez Alonso.  A mostra inaugurouse  ás 12.00 horas e permanecerá en Fene ata o 30 de abril, podendo visitarse de 9.00 a 14.00 horas.

A exposición reúne uns 25 cadros realizados polo pintor natural de Toro  con motivo da súa peregrinaxe a Santiago polo camiño inglés, en agosto de 2012.
Trátase dunha colección de láminas ao pastel. Na soidade da peregrinaxe, o autor quere facernos reflexionar sobre as fermosas construcción e paraxes do Camiño para devolverlles  a importancia na que non reparamos.
Perez Alonso inaugurou a mostra esta mañá co alcalde de Fene e a concelleira de Cultura. É Fene a cuarta parada ata o 30 de abril. Despois seguirá amosándose nos concellos principais do camiño inglés ata Compostela.

Sociedade