ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Estreouse con bo pé o Perlío na Copa Ferrol. Salvou os cuartos de final ao vencer a domicilio ao Estrella. 1-4 quedou o marcador. Nun partido que comezou co xogo embarullado e con gol das locais. O Perlío foi quen de empatar cando ía media hora de partido e desde ese momento foi a máis. “Empezou controlar o partido e na segunda metade xogou máis tranquilo”, destaca o adestrador, Carlos Carballo, Vinki
“Veño satisfeito polo traballo, íamos con moitísimas baixas, a porteira e medio do campo improvisado, fixérono moi ben”, manifestou o técnico, que tamén adestra o equipo de fútbol sala do Freixo, no que xoga de pivot seu fillo Adrián, de 12 anos, que aproveitou a ponte escolar do Entroido para acompañar a seu pai a Radio Fene, onde mostrou a súa simpatía polo Perlío feminino.
Publica o teu comentario agora