Poñer Fene no mapa turístico

Poñer Fene no mapa turístico
14 de Setembro, 2022 - 05:28 h. | Publicada por Radio Fene

Fene non está no mapa turístico, segundo a concelleira socialista Mar Piñeiro, que avoga por potenciar os recursos existentes, como o Camiño Inglés, para atraer máis visitantes ao concello. Expuxo esta proposta durante a súa participación no espazo As Foxas, en Radio Fene, no que tamén deu conta das mocións que o seu grupo político propuxo no último Pleno municipal.

ESCOITA O PODCAST:
Imaxe Mar Piñeiro

A concelleira do PSOE Mar Piñeiro defende que Fene debe aproveitar mellor os recursos dos que dispón o concello para dinamizar o turismo e atraer visitantes. Entre outras medidas, sostén que se debe aproveitar o tirón do Camiño Inglés e, para iso, propón que se adopten medidas para arrombar o seu contorno e ofrecerlle servizos aos peregrinos. Piñeiro tamén informou das iniciativas que levou o seu grupo político ao último Pleno da Corporación local. Na sesión plenaria aprobouse que o Concello busque algunha finca para comprar ou chegar a un convenio coa finalidade de crear un área de estacionamento de vehículos en Conces. Tamén se acordou, a proposta do grupo socialista, que o Concello faga xestións coa Deputación para ver a posibilidade de implantar a plataforma Bizum como medio de pago na institución. Aprobouse ademais, unha moción contra as agresións machistas e a submisión química na que se pide que se estenda canto antes o protocolo do CHOU e, polo que respecta ao Concello, decidiuse instalar o punto violeta en todos os actos culturais e festivos que teñan lugar en Fene. Unha cuarta iniciativa tivo por obxecto que o Concello dea apoio económico ás familias con escolares que teñen necesidades especiais de apoio edu

Institucional

Publica o teu comentario agora