ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Podedes vir ver o centro o 26 de marzo”, Vicente Chao Merlán, un dos usuarios máis veteráns do Centro Ocupacional que ten Aspaneps (Asociación de Pais e Nais de Nenos con problemas psicosociais) en Fene anima á cidadanía a visitar as instalacións, situadas na rúa Castro, 5. “Mostrar o noso traballo á comunidade máis cercana, onde pretendemos desenvolver os proxectos de inclusión social, para que coñezan as actividades e as persoas que traballamos nel”, Xabier Picos explica o obxectivo desta II Xornada de Portas Abertas.
Vicente é de Perlío. Leva 30 anos no Centro Ocupacional de Aspaneps e bromea dicindo que xa lle vai tocando xubilarse. Ao centro acuden persoas de toda a comarca. En total son 21 persoas. Traballan, aprenden e socializan. Ademais dos obradoiros, traballan a horta, reparan un futbolín que lles doaron, fan excursións. Este ano teñen previsto visitar o Grove. O 26 de marzo, entre as 10 e as 13 horas, portas abertas no centro, situado na rúa Castro, 5. “Que veña a xente ver os traballos que facemos”, pide Vicente.
Publica o teu comentario agora