A poesía panteista de Uxío Novoneyra

A poesía panteista de Uxío Novoneyra

14 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"A banda sonora de Galicia non se pode entender sen o son de Uxío" afirma Manuel Rivas no libro "Os Grouchos". Esa banda sonora resoou esta mañá no salón de plenos da Casa do Concello de Fene. Alumnos e alumnas do Instituto de Ensino Secundario participaron nun recital da poesía de Uxio Novoneyra, o poeta do Courel ao que se adica este ano o Dia das Letras Galegas.

O alumnado de 1º a 3 º de ESO do IES de Fene e algúns dos seus profesores encheron de emotividade o acto. A Letanía de Galicia de Uxío Novoneyra, o poema Lela e o Himno Galego final, conformaron a voz coral dunha homenaxe acompañada polo acordeón de Serafín Santamariña. Os pais e nais, o público presente sumouse ao recitado coral da Letanía de Galicia, unha das composicións máis lembradas do autor ao que se adica este ano o 17 de maio.

 

Sociedade