Pokemon Go revitaliza Mar e Ferro

Pokemon Go revitaliza Mar e Ferro

27 de Xullo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os murais de Mar e Ferro en San Valentín rexistran estes dias as visitas de numerosos grupos de adolescentes. Nos debuxos realizados por trinta creadores galegos en 2014 localízanse os Pokemon Go, persoaxes do xogo de moda entre a rapazada.

Pokemon Go é un videoxogo de aventura gratuito. O xogo basease na introdución do universo Pokemon no mundo real mediante a localización GPS. Os xogadores convirtense en adestradores e buscan, loitan e capturan ás criaturas ficticias que se atopan escondidas polo mundo. Un algoritmo é o responsable da localización dos pokemon que aparecen en monumentos ou noutro tipo de lugares especialmente citados na rede. Agora os Pokemon Go traen á primeira plana os murais de Mar e Ferro en San Valentin. Mar e Ferro realizouse en 2014 como unha acción artística para reivindicar carga de traballo para os estaleiros. Organizou o CPS de San Valentin e Radio Fene coa colaboración do Concello de Fene.
 

Sociedade