ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Rachar cos estereótipos da homosexualidade e extender a normalidade desta realidade nas aldeas e nos núcleos rurais máis pequenos. Con esta finalidade celébrase mañá, en Castrelo de Miño (Ourense), o II Xantar Popular pola Visibilidade Homosexual no Rural. O acto, aberto a todos os cidadáns, está organizado pola secretaría de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais da Executiva Nacional Galega da que é titular Laura Seara
Tra o éxito da primeira edición en Monterroso (Lugo), este segundo Xantar Popular pretende ser unha plataforma para defender o dereito de todas as persoas a vivir a sua vida en liberdade e pola non discriminación por razóns de orientación sexual. A homosexualidade segue a ser invisible no rural e queremos amosarnos e darnos a coñecer nas aldeas, explicou en Radiofusión Fito Ferreiro. A vida nas cidades permítelles unha normalidade que non se dá nos pequenos pobos, onde viven poucas persoas e o contacto cos veciños é diario. “Alí hai que vivir o día a día cos veciños e veciñas cunha percepción negativa sobre nós e faise obrigada a nosa integración social”, sinalou.
No xantar do ano pasado foron moitas as anécdotas que se intercambiaban, de discriminación de homofobia polo que continuarán celebrando este evento nos vindeiros anos. “Rachar cos tabús dunha vez por todas”. Ademais do xantar, haberá xogos (brilé, cartas, voleibol ou carreiras de tacóns), música para amenizar a romaría e a actuación dunha drag queen.
“Esperamos que todos os ourensáns se sumen de forma masiva a este xantar parapromover a normalidade social, real e efectiva do colectivo LGTB”, afirmou Ferreiro.
CONCENTRACIÓN OBELISCO
Os colecctivos de gais e lesbianas de toda Galicia, asociacións feministas e ata un total de 20 colectivos concentraranse, ás oito deste serán, no Obelisco de A Coruña para apoiar á parella de homosexuais que foron increpados e agredidos na cidade herculina. Un deles ten os brazos rotos e o fuciño como consecuencia deste acto homofóbico. Esixirán medios para que os agresores sexan detidos.