ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou hoxe cambios no grupo parlamentario no que resta de Lexislatura adiantando unha coportavocía na que a deputada Ana Pontón formulará as preguntas ao presidente autonómico Alberto Núñez Feióo e Jorquera asumirá a coordinación do grupo parlamentario e a r
A voceira nacional e agora parlamentaria do Bloque salientou o “traballo intenso” realizado durante todos estes anos por Francisco Jorquera destacando “ o seu rigor e seriedade pero sobre todo a súa firmeza na defensa dos intereses de todos os galegos e galegas”. Tamén destacou o traballo de oposición de todo o grupo parlamentar “cun pe na rúa e outro no Parlamento”. Acusou a Feijóo de non ter “xa nada que ofrecer a este país” e de seguir “utilizando a Xunta para a súa particular precampaña”.
Podemos
Verbo da oferta de diálogo con En Marea que ofreceu este domingo a representante da dirección estatal de Podemos Carolina Bescansa, Ana Pontón afirmou que responde a “unha cortina de fume para tapar a grave crise de En Marea” e recalcou que o BNG non será “a sucursal de Podemos nin parte do decorado electoral de Bescansa”. Pontón explicou que o Bloque leva demostrado ao longo da súa historia que propiciou gobernos “alternativos ao Partido Popular” e nestes seis meses puidemos comprobar como “Podemos non tiña esa mesma prioridade”. A portavoz nacionalista engadiu que o Bloque pide a Podemos que rompa a “pinza que ten co Partido Popular no Concello de Pontevedra” onde goberna o BNG.