Pontón volve á comarca

Pontón volve á comarca
02 de Marzo, 2021 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

Ana Pontón achegouse aos traballadores das empresas da comarca que están abocadas a peche. Encontrouse cos representantes sindicais na Casa do Concello de Fene.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o deputado Ramón Fernández trasladaron esta mañá a súa preocupación polas escasas perspectivas de emprego da mocidade da comarca de Ferrolterra. Mantiveron un encontro con representantes de traballadores e traballadoras de empresas de Ferrolterra para abordar a situación de peche e desmantelamento industrial que soporta a comarca. Navantia, Megasa, Masol Biodiésel, ENDESA, Candido Hermida, Noa Maderas, Intasa, entre as empresas representadas nese encontro que se celebra en vésperas da folga xeral convocada en Ferrol para o 10M. A reunión celebrouse no salón de plenos da Casa do Concello de Fene, contando coa participación do alcalde de Fene Juventino Trigo e do portavoz do BNG de Ferrol, Iván Rivas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora