Por amor á arte

Por amor á arte
05 de Abril, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A emigración provoca danos colaterais nas familias. A escritora Nones Araujo é filla de emigrantes a Venezuela. Deixaronna moi pequeniña ao coidado da madriña, unha persoa maior que non sabia nada de nenos.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe Corral

No libro “Imaxes roubadas”, “reúnense trinta relatos que escribín por amor á arte, literalmente. A arte é para min unha descuberta infinita de achados sedutores, con sinais directos aos sentidos e ás emocións, que recollo con entusiasmo tal fose unha buscadora de tesouros” afirma a autora no limiar do volume publicado por Xerais. A conversa con Nones Araujo sobre o seu libro “Imaxes roubadas” que gañou o XXIII Premio Anxel Fole de narración curta do Concello de Lugo poderá escoitarse o vindeiro xoves ás 11 da mañá en Radio Fene Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora