Por castañas que non sexa

Por castañas que non sexa

07 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Entre magostos, farolillos e carne de poldro anda o xogo nas sociedades culturais de Fene. Ata catro están de festa o sabado día 8 de novembro.

O CMI Unidade de Fene citanos mañá sabado 8 de novembro ao magosto que contará co grupo Bucanero poñendo en escea “De película” Os socios teñen entrada gratuita e os non socios deben pagar 2 euros para ver a función. Ao remate degustaranse as castañas asadas e proia.

A Sociedade Agarimo de Sillobre organiza magosto para este sábado día 8. A partir das oito da tarde serviránse chourizos e castañas asadas. Logo haberá baile amenizado polo grupo Fusión.

Este sabado día 8 o Pote de Maniños celebra o Baile do farolillo, a partir das 21,30h amenizado polo Dúo Caramelo.  O menú consta de sopa e cocido e o prezo é de 15€ socios e 18 non socios. O presidente do Pote, Juan José Cabana, deixou claro que a cea prepárana eles mesmos.

A VV de Magalofes celebra o sabado a degustación da carne de poldro e o magosto, amenizado por Dúo Caramelo. Ás 21h primeiro turno e ás 22,30 o  segundo.A carne está mecerando xa dende onte.

Sociedade