Por Tonecho Varela

La Musgaña actua o sabado no Toxos recordando a Tonecho Varela, o seu nexo de unión
04 de Abril, 2019 - 09:39 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo folk La Musgaña actúa o sabado 6 de abril no local do Toxos e Froles de Ferrol. O grupo, todo un referente do folk da península, volve á composición orixinal de trío.

O vindeiro sábado 6 de Abril,a partir das 20:30 h, estarán no local do Real Coro Toxos e Froles, o grupo de música folc La Musgaña. Trátase, sen lugar a dúbidas dun dos referentes da música popular e tradicional da Península, e centran o seu traballo máis concretamente nas músicas da Meseta. Xa son 30 anos os que leva traballando esta formación musical, e ao longo deste tempo foron moitos os músicos que participaron deste proxecto.

Na actualidade recuperan a formación primitiva do trío, cos seguintes instrumentistas: Carlos Beceiro: mandola, guitarra acústica e zanfona; Luis Antonio Pedraza: flauta de tres agujeros e tamboril, gaitas de Aliste y Sanabria, trompeta e percusión e Jaime Muñoz: flautas, acordeón diatónico, clarinete e tambor.

No concerto faran un amplo percorrido pola música instrumental e as cancións da Meseta, profundizando na esencia da riquísima tradición e percurando, mediante composición inéditas, novas formas estéticas sen perder de vista a herdanza cultural, chea de mestizaxe.

La Musgaña ten actuado por toda a Península, así como en Estados Unidos, Inglaterra, Italia, Marrocos, levando a todos estes escenarios a tradición musical de Castela e León. Coma sempre, a entrada é libre e gratuita, ata completar aforo.

Cultura

Publica o teu comentario agora