Por unhas boas festas para todos e todas...

Por unhas boas festas para todos e todas...

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Agrupación de Cáritas Fene pon en marcha unha nova campaña de recollida de víveres con motivo das Festas do Nadal. As persoas que queiran colaborar, poden facelo depositando alimentos e doces navideños nas caixas instaladas en distintos establecementos de Fene, Perlío e San Valentín. Tamén se recollen nesta campaña donativos, roupa e xoguetes -neste caso no local parroquial de Cáritas- que logo serán repartidos entre os má

O 2009 foi un ano difícil para moitas familias de Fene, segundo relataron a Radiofusión Mari Carmen Rama, Carmen Seco e Mari Carmen Grueiro, directivas e tres das fundadoras da agrupación local de Cáritas.

Na actualidade esta organización atende regularmente a quince familias do concello aínda que, polo Nadal, a cifra se incrementa ate as vintecinco ou vinteseis xa que, normalmente, tamén se lle entrega a cesta a determinadas familias que ao longo do ano van subsistindo pero que, chegadas estas datas, non se poden permitir nin o máis mínimo exceso.

A Campaña de Nadal de Cáritas Fene prolongarase ate o 21 de Decembro nos establecementos colaboradores. Do 9 ao 18 tamén se poden entregar os víveres no local parroquial da rúa de Conces nº 10, entre as cinco e as sete da tarde.

A partir do día 21, e antes da Noiteboa, voluntarias da organización procederán ao reparto das cestas entre as familias.

Sociedade