Por + vida

Por + vida

03 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Por + vida” é o nome dunha nova asociación nacida entre o grupo de persoas que dende hai tres anos forman parte do taller de ximnasia contra a fatiga oncolóxica no concello de Fene- A Coruña- Coa asociación pretenden dar continuidade a esta experiencia e extendela a outros concellos da comarca e programar outras actividades.

Rosa Graña é a presidenta e Herminia Hermida a Vicepresidenta e Montse Seco a secretaria. Con elas falamos esta mañán na Fenestra de Radio Fene.

Rosa Graña apuntaba algunhas ideas a desenvolver dende o mes de setembro, como charlas ou a utilización da piscina. Pero a máis inmediata será a marcha polo concello de Fene programada para o domingo 12 de xuño. O grupo de ximnasia axuda a estas persoas física e psicoloxicamente, de tal maneira que queren continuar coa actividade, segundo Herminia Hermida. Montse Seco, a máis nova do grupo, fala do gran choque que sufres cando te diagnostican cancro, por iso encontrarse cun grupo de iguais, xente que te comprende, é moi importante. 

Sociedade