Posta a punto en Navantia Fene

Posta a punto en Navantia Fene
09 de Xaneiro, 2024 - 02:45 h. | Publicada por Radio Fene

Navantia Fene realizará traballos de mantemento e modernización no buque offshore “Brave Tern”. 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe

O buque autoelevable da naviera norueguesa Fred Olsen Windcarrier, dedicado a operacións de eólica marina, chegou este luns. Atópase na área de Reparacións de Navantia en Perlío. O contrato contempla a substitución de guindastres e a mellora e modernización das súas capacidades. Está previsto que os traballos duren sete meses. 

O contrato xenerará medio millón de horas de traballo. Entre Ferrol e Fene se mellorará e se sustituirá o guindastre co que coloca as jackets no mar. O cambio permitirá instalar aeroxeneradores de maior tamaño. O Brave Tern xa participou na colocación das 62 jackets fabricadas en Navantia en augas da Bretaña francesa.

Sociedade

Publica o teu comentario agora