A praza verde de Perlío, motivo de orgullo para Iván Puentes

A praza verde de Perlío, motivo de orgullo para Iván Puentes

26 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene Iván Puentes citou os feitos dos que se sinte máis orgulloso a piques de rematar a lexislatura: a xestión da ampliación do polígono industrial,  os pasos soterrados para salvar a via do tren en Perlío e a base de salvamento marítimo. E unha moi concreta: a remodelación da praza verde, que na actualidade, cun parque infantil, acolle todos os dias a moitos nenos e nenas.

Iván Puentes, falou das mensaxes que trasladará aos veciños e veciñas de Fene na campaña electoral das municipais. Entre esas mensaxes falará do saneamento da economía municipal, que presenta superavit, reducción da débeda ao 30% e liquidez, segundo o actual alcalde. Outro dos logros socialistas é contar no próximo mes de xuño co borrador do PXOM; tamén coas obras dos plans E e, como estrela, o protocolo da ampliación do polígono industrial de Vilar do Colo. A axilización de licencias municipais, as chamadas licencias express, son unhas das promesas de futuro  dos socialistas.

Referíndose ao acto da presentación da candidatura socialista, celebrado o sabado no CMI Unidade de Fene, o ministro, José Blanco, non veu a Fene a prometer nada para conseguir votos, senón a lembrar as achegas económicas que concedeu a Fene e as que ten comprometidas, segundo precisou Puentes.

Sociedade