Preparando o Nadal

Preparando o Nadal
16 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“O mesmo ou mellor”. Reto da concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, para a celebración das festas do Nadal en Fene. A celebración da festa de fin de ano está garantida. Será a cuberto e haberá chocolate. Outros detalles coñeceranse máis adiante.

ESCOITA O PODCAST:

“Xa dixemos o ano pasado que a festa de fin de ano viña para quedarse, así que non fagades plans fóra de Fene”, declarou en Radio Fene a concelleira. Mediado o mes de novembro, o Concello ten practicamente pechada a programación do Nadal. Comezou a instalación do alumeado, que vai presentar algunhas novidades este ano. “Pretendo que o día 1 de decembro se acenda o alumeado”, anunciou Ángeles Coira. Para daquela tamén estará decorado e iluminado o acivro que hai a carón do Concello. Este ano a árbore a decoración será obra dos nenos e nenas dos centros de primaria de Fene. Asumen a gran responsabilidade de facer os adornos que lucirán na árbore durante todo o Nadal.

Institucional

Publica o teu comentario agora