Primeira estrea do grupo teatral Xosémaría Pérez Parallé

Primeira estrea do grupo teatral Xosémaría Pérez Parallé

13 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En Fene asistiremos o sabado dia 15 de outubro á posta de largo dun novo grupo teatral. Leva o nome de “Xosemaría Pérez Parallé” e nace no seo do CMI Unidade de Fene, baixo a dirección de Carlos Basoa. Estrean a sua primeira obra “Estudantes buscan asistente” . Doce actores e actrices de todalas idades, dende os 16 aos 60 anos, máis o director, forman o elenco teatral que sube ao escenario de San Paio o sabado, ás 8,30 da tarde.

Carlos Basoa contou en Radio Fene que se trata dunha comedia cun fondo crítico. O teatro dentro do teatro é a disculpa para sacar á luz aos silenciados, aos que sempre están detrás.

Cos nervos a flor de pel pola estrea do sabado, algúns dos actores e actrices amosaronse máis que satisfeitos coa experiencia.“ Estudantes buscan asistente” vai máis aló da gargallada. Hai un par de cousas serias: a revolución dos humildes e as oportunidades que, ás veces, nos brinda a vida. O CMI Unidade de Fene colabora na realziación da escenografía, Rebeca Alvariño na traducción, Iria Romero no deseño do vestiario e María Basoa nas luces e son.

 

Sociedade