Primeiro de maio cos xulgados saturados

Primeiro de maio cos xulgados saturados

01 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os xulgados están saturados polas demandas por despidos, impagos de salarios e regulacións de emprego, afirmou este mediodia en Ferrol o secretario comarcal da CIG de Ferrolterra Xesús Anxo López Pintos no transcurso da movilización do primeiro de maio. En Galicia milleiros de persoas secundaron as convocatorias dos sindicatos expresando a súa preocupación polos efectos da crise.

As centrais sindicais denuncian os intentos de determinados empresarios de deslocalización e reduccións de planteis indiscriminados e inxustificados,ao abeiro do ambiente de crise económica. A CIG ferrolana reclamou o levantamento do veto á construcción naval civil para Astano, "unha solución rápida e eficaz á recesión na comarca" segundo afirmaron.

 

CCOO e UXT tamén celebraron as súas manifestacións insistindo nas demandas de investimento público e de protección social, contra o andazo da gripe. Tamén reclamaron o cambio no modelo productivo actual. 

Sociedade