Problema de saúde

Problema de saúde
03 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Non é un problema de vergoña, é un problema de saúde”. Unha enfermidade mental “moi estigmatizada aínda”. Falamos dela en Radio Fene cos usuarios do Grupo 24 Horas Alcólicos Anónimos Ferroltera Miguel e Mariel.

ESCOITA O PODCAST:

Tocar fondo para deixar o alcolismo. “Aparte de ser incurable, é unha enfermidade progresiva”. “Hai xente que o toca con 25 anos, outros con 40, tamén hai persoas con 17 anos”, manifesta Miguel. O alcolismo é unha enfermidade que afecta ás emocións. Produce “unha visión distorsionada da realidade, a substancia faite sentir doutra maneira”. “Sufrimento, inseguridade, desconfianza”, son emocións que identificou Mariel. Ela foi “unha nena moi dependente e sensible”, “incapaz de vivir o presente”, buscaba no alcol “un refuxio e unha forma de evadir a miña realidade”.

O Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra ten a súa sede na rúa da Mercé, 11, baixo de Ferrol. Os seus teléfono son 981 945082 e 640 532914.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora