Problemas coas tarxetas do metropolitano

Problemas coas tarxetas do metropolitano

23 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Usuarios do transporte metropolitano da Xunta de Galicia queixanse do novo sistema posto en marcha para a entrega das tarxetas aos usuarios dos autobuses. Antes a tarxeta se entregaba nas oficinas de Novacaixagalicia de xeito simultáneo á alta no servizo. Na actualidade, a Xunta puxo en marcha un novo sistema polo que a tarxeta se envia ao domicilio de cada un dos 40.000 usuarios dados de alta en Ferrolterra.

O problema é que utiliza un padrón antigo, polo que chega a domicilios xa abandonados hai varios anos, segundo denunciaron cidadáns a Radio Fene.
O Plan Metropolitano de transporte de Ferrol entrou en funcionamento neste mes de marzo. Onte entraron en vigor as novas tarifas polas que se cobra en función das zonas e non dos destinos.  Permite a obtención de descontos nos billetes de transporte e a realización de transbordos entre diferentes liñas. Inclue tamén ao Ferrocarril de Via Estreita e a posta en marcha dende o 1 de abril dunha liña circular Ferrol – Narón- Neda – Fene- Ferrol.

Sociedade