ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A candidata socialista á alcaldía de Fene reúnese estes dias coas directivas das entidades sociais fenesas para presentarse e coñecer as súas inquedanzas.
O PSOE presentou á súa candidatura ás eleccións municipais en Fene. O salón da Casa da Cultura encheuse para escoitar á candidata socialista á alcaldía, Mar Piñeiro. As mestras de cerimonia foron a deputada das Pontes, Montserrat García Etchevarría, que se congratulou da victoria socialista nas pasadas eleccións xerais o mesmo que a senadora electa, Obdulia Taboadela, quen destacou os logros do PSOE nos últimos dez meses de goberno, citando dúas cuestións pendentes; “solucionar o desemprego e blindar o sistema de pensións”. Unha e outra amosaronse convencidas de que Fene terá, despois do 26 de maio, a primeira muller na alcaldía.
A candidata á alcaldía, Mar Piñeiro, falou de obxectivos pequenos e asequibles para mellorar a vida das persoas. Citou entre algunhas das medidas que quere levar a cabo, a reforma dos Servizos Sociais municipais ou a mellora da accesibilidade a todos os espazos públicos do concello. Puxo especial énfase na consecución dos pasos soterrados para salvar a vía do tren en Perlío. Chamou ao escenario a toda a candidatura, integrada por xente nova e veterana, coa que dixo sentirse moi arroupada e agradeceu aos responsables locais a confianza depositada nela. (Na imaxe, Mar Piñeiro no centro coa senadora e deputada socialistas).
Publica o teu comentario agora