Promocións no comercio de proximidade

Promocións no comercio de proximidade
02 de Setembro, 2023 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

O trato persoal  e cercanía é un dos valores do comercio local.  Mercar preto é máis ecolóxico e vintedous establecementos de Fene de hostalería, moda, textil  e calzado participan esta fin de semana no Outlet Fene  As grandes oportunidades e avances de tempada comezaron na xornada do venres e continuan este sábado e o domingo pola mañá.

Fotografia Xan Xe

Ti tes a chave do comercio local indica a organización da cita. Sumáronse locais de hostalería como Arrecedendo Galego, o Bar O Centro e a cafetería do CCRD Perlío. Ademáis ofrecerán grandes descontos e ofertas, Berline boutique, Bualá, Calzados Locay, Dama, El Baul de Bego, Jomer e Kenia.  Entre as gangas haberá avances da próxima tempada, contando coa participación de Koralli boutique, Lanas Gena, Lenceria Loly Calvo, Lualé 113, Más Sport, Mayka Moda, Costuras, Mi Pachú, Mundo Mayuka, Un pedacito de mi, Zapateria Mismores e ZSR Zapatería. O comercio permanece aberto o sábado de dez a duas e de cinco a oito. O domingo abrirá de dez e media da mañá a dúas da tarde.

 

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora