Protestas pola supresión do servizo de garda nocturno nas farmacias de Fene

Protestas pola supresión do servizo de garda nocturno nas farmacias de Fene

01 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un novo sistema de gardas nas farmacias da comarca de Ferrol entra en vigor dende mañá venres. A única farmacia de garda en servizo nocturno para Bezoucos, será a de María José Prieto Filgueira, en San Xoan de Piñeiro en Mugardos. Atenderá as urxencias farmaceúticas nese horario de noite e ao longo de todo o ano,  para a área de Fene, Ares e Mugardos. En Ferrol unha única farmacia atenderá a garda nocturna entre as

Para o alcalde, Gumersindo Galego (PP)  a medida obedece aos intereses dos farmacéuticos que non ven rendible a apertura no horario nocturno.

Máis contundente é a oposición municipal. O PsdeG PSOE mete a medida no saco dos recortes do goberno popular e non entende a pasividade do goberno local, en lugar de defender os intereses dos seus cidadáns, cando Fene é un Punto de Atención Continuada. Afirma Iván Puentes que os socialistas tomarán as medidas necesarias para botar ao traste unha medida que se suma á peor atención no centro de saúde ou no Arquitecto Marcide. Afirma Puentes que “a crise vale para todo”.

O voceiro do BNG, Manuel Polo, concorda en que de novo a disculpa é a crise e non entende como un concello como Fene, con 14.000 habitantes e cun punto de atención continuada, non vaia dispor dende mañá dunha farmacia que atenda pola noite as urxencias. Ademais a medida provoca a perda de postos de traballo porque as farmacias aforran ese turno. As persoas residentes no núcleo urbano de Fene, Perlío e San Valentín deberán, cando necesiten un medicamento polas noites, a partir dagora desprazarse uns 6 quilómetros ata San Xoan de Piñeiro.

 

Sociedade