PSdeG e BNG acordan pedir o cese do alcalde de Baralla

PSdeG e BNG acordan pedir o cese do alcalde de Baralla

24 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As declaracións do alcalde de Baralla, Manuel González Capón, nas que xustificaba os asesinatos dos opositores ao franquismo, volveron ser reprobadas polo Pleno da Deputación Provincial de Lugo cos votos favorabeis de socialistas e nacionalistas. Así, o acordo plenario pide que o Goberno central inclúa na modificación prevista do Código Penal un artigo para tipificar como delito a exaltación do franquismo e calquera declaración que negue

Coincidindo con esta sesión plenaria o Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego fixo un chamamento ao conxunto da sociedade lucense para que participen da homenaxe que se vai brindar ao conxunto dos e das represaliadas das comarcas de Lugo. Segundo Mario Outeiro, voceiro do BNG, “esta iniciativa responde á tripla vontade de conseguir que o Partido Popular rache dunha vez co franquismo, algo que non ten feito aínda nesta Deputación como quedou patente no momento de retirar diversas distincións honoríficas a persoas e organizacións ligadas ao réxime franquista. Pero tamén con esta proposta pretendemos que o PP se reconcilie coa democracia, que pida perdón ás vítimas do franquismo, posto que transcorridos xa máis de 35 anos da aprobación da Constitución aínda desde esta forza política non se escoitou a palabra perdón destinada aos lugueses asasinados e represaliados pola ditadura. E xa por último, agardamos que esta moción provoque unha reacción de humanidade no PP”.

O alcalde de Baralla, Manuel González Capón, (PP) afirmou, no transcurso dunha sesión plenaria do Concello no pasado mes de agosto, que os condenados a morte durante o franquismo "será porque o merecían".  Aos poucos dias, recoñeceu que se trataba dunha frase desafortunada e accedeu a "pedir disculpas e retirala". A esas manifestacións veuse sumar o alcalde de Beade, quen se declarou "franquista" e gábase de organizar cada 20 de novembro actos de homenaxe a Francisco Franco. 

Institucional