Puentes aposta por uns orzamentos austeros sen desatender as necesidades dos veciños

Puentes aposta por uns orzamentos austeros sen desatender as necesidades dos veciños

21 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os pasos a niveis da Estación de Perlío, no Cruceiro en Fene e en San Valentín contarán o vindeiro ano coa instalación de pasos elevados. O Delegado do Goberno en Galicia, Antón louro, comunicou esta mañá a autorización para levar a cabo a construcción destas pasarelas para garantir a seguridade dos cidadáns. Segundo afirmou o Alcalde de Fene, Iván Puentes esta mañá en Radiofusión, estas infraestructuras

Puentes tamén fixo balanzo dalgúns dos puntos de maior importancia da xestión municipal deste 2009. Respecto ao Plan E sinalou que o acordo non está pechado pero sí que camiña con bó paso. Agora están a valorar as distintas propostas  para logo axustar as actuacións ao millón e medio de euros que lle corresponde ao Concello de Fene, dentro deste Plan E posto en marcha polo goberno central.  

Os socialistas feneses amósanse dacordo coa creación dunha comisión de seguimento da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. “ Estamos dacordo con todo o que sexa consenso” declarou o alcalde, aínda que xa existe unha comisión de urbanismo integrada por representantes de todos os grupos políticos con voz e voto. Malia todo se hai que duplicar a comisión non haberá ningún problema, engadiu. 

O rexedor fenés tamén anunciou  que o grupo de goberno conta xa cun orzamento do 2010 moi avanzado. Hai xa un borrador realizado por intervención. Preséntase un desfase de 700 mil euros que tentarán cadrar nestas semanas festivas para que non xurdan discrepancias co resto de grupos políticos á hora do súa negociación e aprobación. Unha partida orzamentaria, sin novidades, na mesma liña que as anteriores ao non acadarse un acordo co BNG e co PP, indicou Puentes.

Os parámetros destes orzamentos centraranse en tres grandes eixos. O recurte dos gastos, combinando esta austeridade coa dotación aos veciños/as de Fene dos servizos básicos como camiños, alcantarillado ou auga. O terceiro dos puntos baseáse na recuperaciópn e activación da situación económica e de emprego.

Institucional