A pureza da horta

A pureza da horta
09 de Maio, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todos os produtos que elaboramos os facemos de maneira artesanal, todo o proceso de elaboración dende o lavado e pelado ata o envasado facémolo a man, con moito mimo e dedicación, mantendo así os aromas, sabores e propiedades das materias primas, e garantindo unha alta calidade no produto final.  Afirman iso na tenda en liña https://www.amieiro.com/ . A fábrica de conservas La Pureza de Cariño  empezou con esa nova actividade esta semana. 

ESCOITA O PODCAST:

Por teléfono, por correo electrónico, na páxina web. Por calquera deses medios venden conservas de produtos do mar. Pero a maior parte da venda realízana a través de maioristas a fora de Galicia. Recoñecen que a venda en liña medrou moito a raíz da pandemia. O bonito, a ventrecha, o atún, son as estrelas de La Pureza. Bonito, atún, sardiña, cabala, xurelo, congro, maruca, mexillón. Ofrecen todo tipo de conservas de peixe, segundo Ana Docanto. Agora ademais dos produtos do mar, veñen de adentrarse tamén na horta, no mundo das conservas vexetais. 
"Haberá que esperar semanas para poder avaliar o funcionamento da tenda enliña de conservas vexetais" indica a xerente da empresa . A Pureza a veces ten problemas para o envío de palés de latas. Traballan con varios transportistas pero Cariño se atopa lonxe de moitos lugares e o transporte terrestre é difícil. A fábrica de conservas A Pureza está a piques de cumprir un século. Vicente Docanto Martinez creou a empresa en Cariño en 1924. A marca goza dunha gran reputación pola súa calidade, sobre todo por envasar produtos de primeira e continuar utilizando métodos de elaboración artesanal. A empresa factura máis dun millón de euros e da traballo a unhas vinte persoas do municipio, a maioría mulleres. Leva as súas latas de conserva a toda Europa.

Sociedade

Publica o teu comentario agora