Qué bonita era a Ría de Ferrol

Qué bonita era a Ría de Ferrol

26 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Etnográfica e da Natureza (Aetna) continúa coa súa Semana Cultural. O venres 28 camiñará entre o porto exterior e o castelo de San Felipe. Unha andaina que sairá do local social en Maniños ás 16h. Ao regreso os camiñantes reporán forzas no Pote de Maniños onde xa teñen salgadas as sardiñas para o San Pedro. O Pote ofrece na noite do venres 28 sardiñas cocidas con cachelos, pan, vi&ntild

No extremo máis interior está Megasa contaminando de metais pesados toda a zona e no outro extremo, na  entrada ven de poñerse o tapón do porto exterior con 1 Km e medio de longo e un recheo de 900 mil metros cadrados, para que as augas teñan máis problemas de entrada e saída, e renovarse. Entre Megasa e o porto exterior, explicou R.Silvar, un sinfín de ocupacións obstructivas como a ponte do ferrocarril de Neda, máis recente a ponte da Autopista e a ponte das Pías que nin Franco quixo inaugurar, por mal feita, afirmou Silvar.

Distribuidas por aquí e por alá, a ocupación da ría, ten moitos mais protagonistas:  Astano, Bazán, o peirao carboeiro en Curuxeiras, que xunto con Megasa son dos que máis contaminan; a Planta de gas de Mugardos, todo o complexo da Malata que coa feira de mostras, campo de futbol etc destragaron a ensenada, famosa en tempos pola cría de ameixa fina. E por suposto os paseos marítimos que bordean boa parte da ría de Ferrol.

Boa parte dos ríos que desembocaban na ría de Ferrol desapareceron do mapa ou saen por tubos inmundos, como é o caso do Río do Tronco ou o Inxerto. Por non falar dos 1.300 litros por segundo de augas negras que vertemos nela.  Todo iso provocou durante anos a alteración na renovación das augas, unha importante sedimentación de residuos e unha contaminación que de momento non se depura. ( Recoméndase mirar nas hemerotecas os prazos de posta en marcha da EDAR)

Sociedade