Quitar o pelo de diante dos ollos

Quitar o pelo de diante dos ollos
01 de Xaneiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Se alguén se quita o pelo de diante dos ollos ao falar contigo, é que está interesado en ti” afirma o psicólogo José Barcia, que ao mesmo tempo advirte sobre os riscos de xeralizar interpretacións da comunicación non verbal. “Tamén pode ser que se saque o pelo simplemente porque lle molesta para ver”.

ESCOITA O PODCAST:
Jose Barcia Tuccelli, psicólogo e graduado en Ciencias do Deporte

Barcia falou en Vilanova, en A Fenestra de Radio Fene, da comunicación non verbal, ao fio da mensaxe do Rei na pasada Noiteboa. Expertos afirman que o efecto emocional dun discurso só depende nun 7 % do seu contido, nun 55 % da linguaxe corporal e nun 38 % da voz.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora