ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Trátase dun encontro de inspiración celta que organiza a Asociación de Tempo e Aire Libre Néboa. Segundo a tradición celta, a “aureana” é unha meiga de aspecto xoven, que adoita aparecer nas ribeiras do ríos ou nas fontes, e cuxo encontro casual é símbolo de boa sorte e de bos augurios. Esta figura, da que existen numerosas referencias en todo o mundo, ten tamén a súa lenda en Neda. E de aí ven precisamente a fei
A exposición e venda de productos de artesanía, marroquinería, orfebrería, esmaltes e todo tipo de doces e licores, será un dos grandes atractivos desta nova edición da Feira da Aureana, que arrincará ao redor das dez e media da mañá. Segundo explicou Begoña Balsa, directiva de Néboa, a partir da unha media procederase á representación da lenda da aureana para dar paso, pola tarde, a unha actuación musical. En canto ao menú, para as persoas que desexen xantar na caseta da Asociación, este ano será a base de callos.