Ramil canta en Narón e Fene

Ramil canta en Narón e Fene

14 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Pazo da Cultura de Narón (A Coruña) acolle este sabado a Gala benéfica “Xuntos @s polo Sahara” cun concerto do cantante Enrique Ramil. A gala comenzará ás 8 da tarde e a entrada custa 10€ que se destinarán integramente á Asociación Solidaridade co Sahara. Ramil aporta o seu talento a esta boa causa, como ven colaborando con ella dende hai anos. Amais da actuación de Enrique, colaboran na gala, o grupo de bailes de sal&oacu

Os 10 € da entrada axudarán ao concello de Narón a pagar os billetes de avión aos rapaces que este verán veñan de vacacións en Paz dende os campamentos de refuxiados. Por culpa dos recortes non se podería traelos. A Gala será no Pazo da Cultura de Narón o sabado ás 8 da tarde.

Ramil en Fene

Aproveitando a estancia de Ramil en Ares esta fín de semana porque é o seu aniversario, tamén o concello de Fene convidouno a cantar mañán venres no acto de entrega dos premios do concurso de Tapas. Así que actuará na casa da Cultura , dende as 5 da tarde. Enrique Ramil desvelounos que será unha actuación breve pero moi especial porque actuará co seu tío e manager, ao piano. Se o sabado na Gala de narón cantará jazz, e versións de carmen Sevilla, por exemplo, para a actuación en Fene escolle un repertorio galego no que non faltará a "Lela" que interpretou e emocionou a toda a Academia en Operacion Triunfo.

Sociedade