ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, inaugurou onte o Curso básico de Protección Civil que ao longo desta semana terá lugar na Casa Habanera, de Guitiriz, e no que participan unha trintena de voluntarios deste concello así como de Vilalba, Melide e Arzúa.
A delegada aproveitou a ocasión para aplaudir o labor que desempeñan as agrupacións locais de protección civil, que “por cuestións de proximidade, en numerosas ocasións son os primeiros en acudir cando ocorre unha emerxencia”. Así mesmo, gabou o esforzo que realizan os voluntarios e voluntarias por ampliar a súa formación, “alargando as xornadas ata máis alá das once da noite por vir a este curso”.
Guitiriz será a primeira sede dos catro cursos sobre coñecementos básicos de protección civil que se desenvolverán na provincia, financiados pola Academia Galega de Seguridade Pública e organizados polo Servizo de Emerxencias e Interior da Delegación Territorial de Lugo.
Estas actividades formativas condensan nocións fundamentais en materia de incendios, comunicacións ou primeiros auxilios, así como coñecementos de utilidade acerca do funcionamento e coordinación co servizo 112. As clases son impartidas por persoal do Servizo de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, bombeiros e médicos do 061.
Sarria acollerá outro curso entre os días 19 e 24 de abril, e culminarán a programación deste ano os cursos de Lugo e Folgoso do Courel.