Raquel Asensio: Armas de muller

Raquel Asensio: Armas de muller

02 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Raquel Asensio é unha das bazas do Universitario Ferrol diante do compromiso desta tarde. Se gaña ao Cáceres, meteráse na fase de ascenso á máxima categoria do baloncesto feminino, á mellor Liga de Europa.

Raquel afirma sentirse moi contenta tras convertirse na máxima anotadora da semana pasada, e na terceira xogadora máis valorada pola Liga. Coa humildade que caracteriza ao Universitario, afirma que foi ela como podía ser calquera outra xogadora do equipo. “Tiña a man tonta” indica con ironía para xustificar os seus 30 puntos, con 8 triples de 11 intentos e 6 rebotes. Raquel Asensio naceu o 29-12-1983 en Barcelona, pero iniciouse no baloncesto nas filas do Plasencia. Mide 1,79 metros e pesa 60 quilogramos. E unha das armas de Chiqui Barros diante do crucial partido fronte ao Extremadura Cáceres.

Deportes