As razóns do conflicto de marzo do 72 en Ferrol

As razóns do conflicto de marzo do 72 en Ferrol

13 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“(Los vocales acuerdan) por mayoría que las negociaciones fueran a nivel local o de factoria, ... y que esto obedecía a que a través de varias asambleas celebradas en Sindicatos con los enlaces sindicales, y despues de examinar posibles inconvenientes y ventajas, se ha visto que la opinión general se inclina por el convenio local”. E un fragmento da acta do xurado de empresa de Bazán, do 16 de novembro de 1971.

Segundo relata José Gómez Alén, no seu libro “As Comisións Obreiras de Galicia”, o enfrontamento coa dirección da empresa foi empeorando pola superposición de problemas. O mesmo volume sinala que en marzo de 1972 “a conflictividade laboral ameazaba con se estender ao se declararen en folga as empresas auxiliares de Astano perante a ruptura das negociacións do convenio”.

O mes de marzo comezou co seguimento masivo da convocatoria de folga para os días 2,3 e 4 que foi secundada por asembleas de 3000 traballadores na explanada da factoría. O inspector de Traballo recomendalle ao xurado de empresa a volta á normalidade, sinalando que a folga é un acto ilegal. Os membros do xurado Amor Deus e Riobó contestan textualmente que “ellos han hecho lo mismo que la mayoría de sus compañeros y que la causa del paro ha sido la negativa a conceder un convenio de ámbito provincial”, segundo se recolle na acta do xurado de empresa de Bazan do 2 de marzo de 1972.

Sociedade