Reanúdanse as obras da praza do Cruceiro de Canido

Reanúdanse as obras da praza do Cruceiro de Canido

27 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A firma Excavaciones La Milagrosa ocúpase dende hoxe de completar esta intervención do Urban en Canido- Ferrol. O concelleiro de Medioambiente e urbanismo, anuncia o reinicio dos traballos na Praza do Cruceiro. O prazo de execución do que resta por facer neste espazo público é de mes e medio polo que, de cumprirse as previsións, a praza estaría definitivamente rematada a mediados de abril.

A actuación atopábase paralizada debido á insolvencia técnica e financeira de Construcciones Técnicas GCM, empresa que se fixo coa adxudicación das mesmas no anterior mandato.  As tarefas pendentes afectan, principalmente, á superficie de praza e deberían estar listas nun prazo aproximado de mes e medio, segundo se recolle no cronograma das obras. O concelleiro de Medio Ambiente e Urbanismo, Guillermo Evia, agradece aos veciños a súa comprensión ante os problemas xurdidos e insiste en que a cesión do contrato forzada polo Concello demostrou ser a mellor solución para evitar que a praza estivera levantada e a medio facer durante un maior período de tempo.

Dende hoxe, e segundo se recolle no cronograma da intervención, o prazo de execución do que resta por facer no devandito espazo público é de mes e medio, polo que, de cumprirse as previsións, a praza estaría definitivamente rematada a mediados de abril.

Sociedade