ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Que un médico atenda 50, 60 ou 70 persoas nunha única xornada non é calidade asistencial. Afirmouno así a deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento Eva Solla que se desprazou ao Centro de Saúde de Fene. A concelleira de Esquerda Unida Mari Carmen Martinez reclamou a cobertura das dúas prazas vacantes de médicos.
Para a parlamentaria xa non valen as excusas do conselleiro de Sanidade e do presidente Feijoo indicando que non hai médicos: "Hainos pero precisan contratacións estabeis e de calidade". Solla anunciou propostas na Cámara autónoma para cubrir as duas prazas de médicos vacantes no Centro de Saude de Fene. Un doutor xubilouse e hai unha baixa de longa duración que o SERGAS cubriu obrigando a outro médico a prolongar a súa xornada laboral.
Cada médico ten un cupo dunhas 1250 cartillas pero a situación no centro de saúde de Fene obriga a que cada médico teña que atender diariamente a 50, 60 e ata 70 persoas, segundo Martínez.
O plantel do Centro de Saúde de Fene conta con 9 prazas de médicos de familia para atender a unha poboación de 13.013 habitantes. A atención sanitaria veuse minorada por unha baixa de longa duración. Ademáis o pasado sábado xubilouse un doutor e a Xunta de Galicia non cubreu a baixa, tendo os restantes médicos que atender máis cartillas. Segundo denuncia Esquerda Unida, acumularanse as esperas e os retrasos.
Publica o teu comentario agora