ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A ANPA indica que a Xunta de Galicia só tería que poñer unha profesora máis para admitir todas as solicitudes de inscrición no Colexio de Maniños. A Consellería insta ás familias a agardar ata o mes de xuño. A inspección educativa ainda non recibiu á entidade, segundo salientou Olalla Barro da ANPA.
O Colexio de Maniños conta na actualidade con 60 nenos e nenas. O Pleno do Concello de Fene aprobou a semana pasada unha moción de apoio ás familias excluidas e en defensa da educación pública.
A Xunta de Galicia publicou a relación provisional de nenas e nenos admitidos no CEIP Os Casais de Maniños o pasado 25 de abril. A ANPA comezou a recibir o malestar das familias que ficaron excluídas. Formalizáronse dez solicitudes de admisión para educación infantil e cinco solicitudes de admisión para diferentes niveis de educación primaria. De educación infantil foron excluídas catro das dez solicitudes e e en educación primaria foron excluídas catro das cinco solicitudes. Esta exclusión acada o 60% das solicitudes realizadas.
Publica o teu comentario agora