Reclaman o mantenemento do servizo de Correos

Reclaman o mantenemento do servizo de Correos

10 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene dirixiráse a Correos demandando o mantenemento do persoal na oficina postal da localidade. Secundando unha moción de Esquerda Unida, todos os grupos políticos reclamaron a continuidade do servizo que Correos presta na poboación. Solicitan tamén a cobertura das vacantes por baixas e vacacións para que non se resinta o reparto postal na zona urbana todos os dias laborabeis.

O Pleno da Corporación, igualmente por unanimidade, pide o mantenemento das funcións do Rexistro civil no Xulgado de Paz de Fene.  A iniciativa do BNG denuncia que os certificados de nacemento, defunción e matrimonio haberá que pedilos desde o quince de xuño no rexistrador da propiedade de Pontedeume. Pasará a ser o xulgado unicamente unha oficina de consulta. Os nacionalistas indican que se pretende privatizar un servizo público, universal e gratuito. Para o Bloque, cédese a unha oficina privada unha parte da historia da localidade.

Sociedade