Record e premios no V Concurso de Tapas de Fene

Record e premios no V Concurso de Tapas de Fene

15 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene entrega esta tarde os premios á tapa máis creativa, á mellor tapa tradicional e á tapa popular. É o colofón ao 5º Concurso de tapas que se celebrou organizada pola Concellería de promoción económica e a Asociación de comerciantes e hosteleiros O Cruceiro. A edición máis participativa por parte do público que deixou nas urnas dos establecementos máis de 8.000 tarxetas, testemu&ntilde

O certame deste ano foi o máis concurrido de todos e xa se tomou nota para mellorar a próxima edición. O xurado reúnese unha hora antes para fallar os premios das tapas creativa e tradicional, mentras que a popular sairá das urnas entre as papeletas que depositaron os clientes da Fenerruta. Estes últimos optan aos premios por completar todos os bares, segundo o concelleiro de promoción económica, Juan José Franco. 

Os afortunados sairán do sorteo que outorgará unha viaxe a Mallorca ou Tenerife; un curso de manexo de embarcacións deportivas e un lote de productos. Tamén se sorterán vales de compra por valor de 20€ a gastar nos comercios da asociación de comerciantes de Fene.

O acto pechase coa degustación das tapas concursantes e a actuación do músico aresán, ex operación triundo, Enrique Ramil.

Sociedade