Recordando a Amadita García

Recordando a Amadita García

25 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Memoria Histórica Democrática rende homenaxe o próximo venres a todas as persoas, e particularmente ás mulleres represaliadas polo franquismo, representadas na figura da mugardesa Amada García. Farao xunto ás familias neste acto de Xustiza e Reparación. O acto celebrase este venres 27 de xaneiro , ás 17.00 horas no paredón do castelo de San Felipe, coa presencia do fillo de Amada García, e os familiares dela

Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 enviada ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada por un pelotón de fusilamento, canda ela foran executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra:Antonio Eytor Cañizo,José María Montero Martínez,Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira, de Mugardos;Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas».

Sociedade