A recuperación do porto de Bares retoma as vellas formas

A recuperación do porto de Bares retoma as vellas formas

08 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Portos de Galicia rematará neste mesmo mes as obras de reforzo do dique da zona portuaria de Bares, no concello de Mañón (A Coruña). Así quedou de manifesto durante a visita, esta mañá, do presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana, ás instalacións. Neste porto, o organismo autonómico está a investir 170.000 euros a fin de restaurar e dotar de maior estabilidade o dique do porto máis ant

As obras de restauración desta infraestrutura fixéronse necesarias con urxencia tras o paso do temporal Becky, o pasado mes de novembro. A magnitude da ondaxe durante esta borrasca provocou o movemento da escolleira. Unha grande parte deste volume afundiuse e outra parte pasou por riba do camiño ata chegar á praia. En xeral, perdeuse moita altura de coroación e formáronse zonas menos protexidas que poderían permitir un fácil rebase das onda en caso dun novo temporal.

Ante esta situación Portos de Galicia puxo en marcha a reparación necesaria tendo en conta a necesidade de conservación das características orixinais do peirao, que se recollen nas fotografías históricas que se conservan da zona. A configuración do dique que se está a recuperar baseáse tanto nas formas observadas históricamente como nos perfís de estabilidade dos materiais empregados. Por este motivo, non se empregaron superficies planas como ocorre noutras instalacións similares, senón máis curvas, que conseguen unha maior estabilidade dos bolos que conforman o dique, aproximándose máis ás vellas imaxes que se conservan do porto.

O global da actuación que finalizará próximamente en Bares estivo sometido ao control arqueolóxico e ambiental que require a intervención nunha obra de singular valor patrimonial.

Sociedade