Recuperar a memoria

Recuperar a memoria
28 de Febreiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Dez homes e dúas mulleres protagonizan o libro Os mestres mortos daquel verán de Narciso de Gabriel, ao que escoitaremos este venres no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.

Esta obra do catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña ábrese con María Vázquez Suárez, mestra compostelá destinada en Miño, asasinada polos fascistas nunha praia deste concello o 19 de agosto de 1936, e remata con Francisco Ponzán Vidal, mestre aragonés destinado en Camelle (Camariñas), asasinado polos nazis nun bosque próximo a Toulouse o 17 de agosto de 1944. Entre unha e outro figuran Rafael Fernández Casas, Jesús Álvaro López Brenlla, Mercedes Romero Abella, Rafael Pardo Carmona e Fernando Barcia Veiras, Manuel Rodríguez Castelao e Xosé Losada Castelao, Arximiro Rico Trabada, Víctor Fraiz Villanueva e Ramón Amadeo Figueroa Vilachá. Un dos obxectivos destas historias que analizaremos co propio autor é recuperar a memoria de xente moi valiosa.

Na imaxe, o escritor Narciso de Gabriel.

Fotografía Xan Xe.

Cultura

Publica o teu comentario agora