Recursos renovados para robustecer o galego

Recursos renovados para robustecer o galego

29 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Deputación da Coruña vén de introducir distintas melloras no espazo web “recursosparaogalego.com”, creado no 2008 co obxetivo de ligar  o galego ás novas tecnoloxías e utilizar estas como espazo de normalización,  fomentar o emprego do software libre, e amosar  páxinas de interese que fomenten a cultura e lingua galega. Na presentación desta renovación, o responsable provincial

A estrutura da web recursosparaogalego.com é a seguinte:
Inicio: onde se dá a benvida ás persoas usuarias e se explican os obxectivos básicos da páxina.
Dicionarios e vocabularios: neste apartado achéganse ferramentas de grande utilidade para unha correcta escrita do galego. Dentro destes aparecen subíndices: dous grandes apartados que dividen os dicionarios en xerais e temáticos, e subíndices nos dicionarios temáticos segundo a área de coñecemento que recollan.
Aprendizaxe: na rede tamén aparecen algúns recursos para aprender ou mellorar o noso galego.
Tradutores: os tradutores tamén poden ser ferramentas de grande utilidade no uso do galego sobre todo para persoas que comezan a achegarse á lingua.
Linguateca: con catro subíndices. O primeiro ofrece enderezos relacionados coa toponimia e a antroponimia. No segundo subíndice ofrécense unha selección de enderezos en rede desde os que podemos descargar programas informáticos en lingua galega. No terceiro subíndice inclúense algúns exemplos de enderezos en rede a través dos que podemos consultar lexislación sobre a lingua galega. O último subíndice de Linguateca inclúe  algúns exemplos de enderezos en rede relacionados co multilingüismo como concepto clave para entender a situación de linguas como o galego.

Institucional