ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha ferramenta dixital innovadora dá a coñecer as conexións entre os autores da lírica galego-portuguesa. Creada por unha investigadora galega. Iago Varela descubriunos como as tecnoloxías serven para ampliar o coñecemento do mundo medieval. Tamén presenta en Cultura Tecno innovacións que nos poden facilitar a vida.
“Como se fora un Facebook da época”. Así describe a nova ferramenta sobre os trobadores e xogares. Contén “información literaria, histórica e biográfica, pero o realmente interesante é que permite visualizar as conexións que había entre eles, un grande avance que contribúe a ampliar o coñecemento dos autores”. A doutora Déborah González, dirixiu a creación dun portal web centrado nas redes socioculturais da lírica galego-portuguesa. A información está na páxina redesliricas.usc.gal. Coa vista posta nun futuro próximo, Iago anunciounos que a Policía Nacional ten a punto o DNI dixital que nos permitirá levar o documento de identidade no teléfono. Igual que o carne de conducir ou as tarxetas do banco, pronto poderemos levar o DNI no móbil e servirá en toda a Unión Europea. Tamén nos contou os últimos avances do proxecto de conexión a internet vía satélite Starlink, “moi interesante para persoas que poden quedar sen servizo cando apague o ADSL”.
Publica o teu comentario agora