Reeditando a Manuel María

Reeditando a Manuel María

09 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Lermos a Manuel María. Comprendernos a nós mesmos”. É o lema do acto sobre o poeta que organiza a asociación cultural Medulio o mércores 10 de febreiro, na galería Sargadelos de Ferrrol. Intervirá o Secretario da Fundación Manuel María, o profesor Alberte Ansede. Esta mañá declaraba a Radio Fene que pensa destacar a relevancia de Manuel María como autor prolífico e a súa grande calidade humana

O poeta Manuel María será o homenaxeado no Día dás Letras Galegas en 2016, tal e como aprobou no pasado mes de xuño o pleno extraordinario da Real Academia Galega (RAG).  O poeta lucense, autor dunha extensa obra e expoñente do activismo político, representa a "conciencia" e o "compromiso inquebrantable" coa lingua galega, segundo a RAG. Con ese motivo, a Fundación Manuel María, que reúne na casa natal do poeta todo o seu legado cunha biblioteca de máis de 12.000 volumes, vé nesta homenaxe unha oportunidade para divulgar a obra do poeta da Terra Chá.

A Galería Sargadelos disporá mañá dun espacio con exposición e venda de libros de Manuel María que veñen de ser reeditados. O acto comeza mañá ás 20h .

Sociedade