Referente para a veciñanza

Referente para a veciñanza
08 de Febreiro, 2024 - 08:37 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Veciñal de Limodre vén de renovar a súa directiva. Asumiu a presidencia Nacho Martínez, que chega ao cargo con bo coñecemento da entidade, pois era o anterior secretario. Ten, tamén, experiencia de organización noutras sociedades e no ámbito deportivo. Releva no cargo a Ana Santiago, que presidiu a sociedade durante oito anos e agora segue como tesoureira. “As cousas ben feitas teñen que seguir”, di o novo presidente que eloxiou o bo facer da súa predecesora.

ESCOITA O PODCAST:

“A remuda é importante”. Na nova directiva prodúcense tres incorporacións para dirixir unha entidade que conta con cento sesenta e un socios. “Limodre é unha parroquia moi pequena, ten poucos habitantes e con moita xente maior”, lembra Nacho Martínez que destaca a boa sintonía do tecido asociativo co Concello. “Para nós é parte importante o Concello e para o Concello creo que as sociedades somos parte importante tamén”. As sociedades son “un referente para a veciñanza”, sostén o novo presidente da asociación veciñal de Limodre.

Sociedade

Publica o teu comentario agora