Regúlase o tránsito para visitar as Fragas do Eume

Regúlase o tránsito para visitar as Fragas do Eume

13 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Como tódolos anos, a Consellería do Medio Rural e a Deputación da Coruña poñen de xeito gratuíto un servizo de transporte colectivo de microbuses no Parque Natural das Fragas do Eume.O servizo comezará a funcionar o vindeiro mércores 15 de xuño, para regular o acceso rodado pola estrada que se achega dende o Centro de Recepción de Visitantes (CRV), en Pontedeume, ata a ponte de Santa Cristina que da

 

Os microbuses parten do Centro de Recepción de Visitantes e realizan tres paradas ao longo do percorrido de 7,5 quilómetros. No itinerario de volta repetirase a pauta inversamente, de xeito que os viaxeiros se poden apear nas áreas de lecer ou nos extremos dos sendeiros do Parque Natural. Estará operativo ao longo da vía, funcionando diariamente e de balde entre as 10:30 e as 20:30 horas, cun intervalo de descanso entre as 14:30 e as 16 horas.

 

O sistema de regulación impide o paso de vehículos motorizados particulares dende a área de lecer e aparcamento da Alameda (situados a 400 metros río arriba do CRV) entre o 15 de xuño e o 15 de setembro de forma diaria e continua entre as 10 e as 20 horas. En base a isto, quedan exceptuados os vehículos que transporten a pescadores con permiso para o couto Ombre, no seu día de validez, e ás persoas propietarias de bens inmobles nas proximidades da vía. Tamén terán libre circulación os peóns e bicicletas.

A Deputación da Coruña sufraga na súa totalidade o custo deste servizo de transporte colectivo, xunto co servizo de visitas guiadas ao cenobio. Pola súa parte, a Consellería mantén o custo extraordinario dos cometidos de regulación do paso, a información persoal ao público sobre o funcionamento do sistema e o reparto de billetes durante os tres meses.

 

Sociedade