Reivindican melloras na Protectora de Lugo

Reivindican melloras na Protectora de Lugo
24 de Xaneiro, 2024 - 07:54 h. | Publicada por Radio Fene

Reclaman mellores instalacións para a Protectora de animais de Lugo. O venres, día 26, teñen previsto manifestarse con esta reivindicación polas rúas lucenses, segundo informou en Radio Animal Laura Teijeiro, voluntaria na Sociedade Protectora de Animais de Lugo.

ESCOITA O PODCAST:

“Por unha nova Protectora en Lugo xa" é o lema da convocatoria da manifestación que sairá ás 19.30 horas da Praza Maior da cidade lucense. A entidade alberga máis de 200 cans e gatos nunhas deficientes instalacións que non dispoñen suficiente espazo nin reúnen boas condicións, segundo denuncian. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora