Relánzase a candidatura do Ferrol da Ilustración a Patrimonio Mundial

Relánzase a candidatura do Ferrol da Ilustración a Patrimonio Mundial

04 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro Cultural Torrente Ballester acollemañá martes a presentación de catro dos últimos libros da colección relativa aos bens incluídos na Candidatura de “Ferrol da Ilustración” a Patrimonio Mundial. Trátase de catro exemplares que foron editados nos últimos anos e que aínda non foran presentados públicamente. Cada  unha  das  publicación  evalúa  o  valor  hist&oa

En  cada  volume  realízase  a  identificación,  localización,  descripción  e  valoración  dos bens  culturais  inmobles,  incluíndo  referencias  documentais,  artísticas,  bibliográficas,  etc.  e faise un estudo‐proposta para a súa xestión. Estes  catro  libros  completan  unha  serie  de  dez  publicacións  coas  que  se  pretende divulgar  as  investigacións  realizadas  e  completar  os  traballos  esixidos  pola  Unesco  para  a citada candidatura, incluida na lista tentativa deste  organismo internacional dende o mes  de abril de 2007.  

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, no labor asumido nos últimos meses de retomar e dar un novo pulo á candidatura, co respaldo do Concello de Ferrol, entende que é  preciso  dar  a  coñecer  estes  volumes,  elaborados  polos  técnicos  do  Ciefal  (Centro Internacional de Estudios de la Fortificación y Apoyo Logístico), e co respaldo institucional da Deputación Provincial, así como da Fundación Ferrol Metrópoli. 

Este  acto  de  presentación  de  libros  acto  pretende  tamén  render  tributo  ao  Mestre Industrial  Delineante,  Alfonso  Fuentes  Martínez,  quen  durante  todo  o  tempo  en  que  se realizaron  os  estudos  relativos  á  candidatura  a  Patrimonio  Mundial  entregouse  de  cheo  á tarefa de realizar os levantamentos topográficos dos bens incluídos na Candidatura, entre eles o Castelo de San Felipe, o Dique da Cabana, o Baluarte de San Xoan, as baterías da marxe sur da Ría de Ferrol.  
 
Fuentes Martínez, exerceu como mestre dende o ano 1979, primeiro no Centro de FP de  Mestría  Industrial,  e  despois  no  CIFP  Rodolfo  Ucha,  abranguendo  todas  as  ramas  da delineación:  industrial,  construcción,  maquetismo  e  topografía,  chegando  a  ser  xefe  do departamento de delineación deste centro educativo.
 
Ao longo da súa carreira profesional, Alfonso Fuentes colaborou tamén coa Xunta de Galicia  e  con  concellos  da  nosa  comunidade  autónoma  en  traballos  de  levantamento topográfico  de  importantes  bens  patrimoniais.  Foi  precisamente  nun  deses  traballos  cando sufriu un infarto que non logrou superar. 

Sociedade